miércoles, 19 de mayo de 2010

Programa de transición de EP á ESO

programa transición

Programa de transición á ESO para pais e nais de alumnos de 6º curso

jueves, 6 de mayo de 2010

parque

Día das letras galegas


Courel, sempre Courel

--------------------------------------------------------------------------------
17 / 2 / 2010Santiago. RedacciónDía das Letras Galegas 2010literatura
Ligazóns
Completa web sobre Uxío Novoneyra
Recita poético Uxío Novoneyra en Youtube
Relacionadas
Baldo Martínez e Maite Dono musican poemas de Novoneyra
Méritos polos que Novoneyra foi elexido pola RAG para o Día das Letras Galegas
Non foi un poeta prolífico, senón que era dos que gustaba mastigar as palabras lenta e concienzudamente. Quizais esta reflexión, sempre enraizada no seu Courel natal, lle valeu o mérito de ser o poeta de referencia da poesía galega da segunda metade do século XX. Aproveitando que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, facemos un percorrido pola súa biografía.

Naceu na casa de Parada de Moreda, no Courel, un 19 de xaneiro de 1930 e alí pasou a maior parte da súa vida. Estivo en Lugo, Madrid e Compostela (no que morreu un 30 de outubro de 1999) pero todo o seu corazón permaneceu sempre apegado ao Courel. E diso dan conta os grandes eixes temáticos da súa curta biografía, así como os títulos das súas obras (Elexías do Courel e outros poemas, Os eidos. Libro do Courel ou Do Courel a Compostela). Ademais, foi alí onde coñeceu a María Mariño, coñecida por todos logo de que hai dous anos se lle dedicara o Día das Letras Galegas e que marcou nel unha fonda pegada.

Os anos de formación
Novoneyra só deixou o Courel para ir estudar primeiro a Lugo e posteriormente a Madrid. Na capital lucense fixo o bacharelato e foi onde coñeceu a Manuel María. A súa estadía en Madrid, matriculado como oínte en Filosofía e Letras, marcou o seu inicio como “dicidor de poesía”, participando en recitais poéticos nas aulas universitarias como na escrita na revista universitaria Bengala.
Estivo en Madrid ata 1952, ano no que decide regresar a Lugo para facer o servizo militar, que o obriga a estar tamén en Santiago de Compostela e a Coruña. Son precisamente esta estadías, as que o acercan a figuras como o ensaísta e ideólogo Ramón Piñeiro ou o pintor Carlos Maside ou o Ramón Piñeiro. Precisamente son as tres persoas que xunto con María Mariño, desenvolveu unha maior influencia na vida e obra de Novoneyra e inicia a súa escrita e galego.
Foi o seu delicado estado de saúde (unha pleuresía) o que motiva un longo repouso no Courel do que agroma a súa composición poética iniciada polo poemario Os eidos(Galaxia, Vigo, 1955). Neste período Novoneyra só abandona o Courel para participar en actos puntuais do ambiente galeguista xuvenil para falar e ler textos do cancioneiro medieval, que causa un grande impacto por mor do contexto represivo no que se producen.

Trala súa recuperación Novoneyra desprázase a Madrid participa en programas relacionados coa poesía tanto na radio como na televisión. Inicia así unha intensa vida cultural na capital (tertulias no sonado Café Gijón e relación co grupo Brais Pinto). Un ambiente que se reflicte na serie poética titulada Elegías de Madrid, que xunto con outras dúas obras máis que se editan en Madrid en versión bilingüe galego- castelá. Esa etapa remata en 1966, cando regresa ao Courel a coidar dos seus pais e onde coñece á súa muller Elva Rei coa que terá tres fillos: Branca- Petra, Uxío e Arturo. O resultado poético desta nova etapa pode apreciarse en Os eidos 2 (Galaxia, Vigo, 1974), co que se inicia a etapa máis prolífica da súa poética con obras como Libro de olladas, Letanía de Galicia e outros poemas, O Laxeiro pintor dunha Galicia ou Poemas caligráficos.

Os anos oitenta
Nos oitenta, a súa poética xa é considerado un clásico ao que contribuíron numerosos estudos, como o feito en 1980 por Claudio Rodríguez Fer, o de Anxo Tarrío un ano despois e o de Méndez Ferrín en 1984. Mentres, Novoneyra inicia a compilación completa do seu ciclo courelán, despois de sometelo a unha rigorosa depuración co que abre a colección Grandes Mestres da editora Xerais.
Fixa a súa residencia en Compostela alá polo 1983, onde se ocupa da presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que ocupará ata a súa morte. É neste período cando se producen diferentes publicacións que compilan e revisan a temática da súa obra, con numerosas anotacións críticas e comentarios de xente como Méndez Ferrín, Xulio Valcárcel, Lorente, Laxeiro, Maside, Franco Grande que contribúen á consolidación do escritor no canon literario galego e á reivindicación da súa figura.

Os noventa
Nos noventa, Novoneyra sorprende a todos coa escrita e publicación de dúas obras de literatura infantil, O cubil do xabarín (Edelvives, Zaragoza, 1991) e Gorgorín e Cabezón (Edelvives, Zaragoza, 1992), dous contos de aventuras protagonizados por rapazas e rapaces, ambientados na xeografía do Courel e cunha rica linguaxe poética. Uns traballos que se complementan con varias reedicións da súa obra que se producen en varios idiomas e con escasas obras novas do autor como foi a serie “Viaxe”, dada a coñecer en 1991. Nos últimos anos, o poeta segue sacando á luz diversas mostras creativas grazas á súa colaboración con varios medios de comunicación e aos que Novoneyra se referiu como Libro de Rotas/Ameto Mítico e que saíu á rúa o 31 de outubro de 1999, un día despois do seu pasamento.

nome con letras

ImageChef Word Mosaic - ImageChef.com

lunes, 26 de abril de 2010

jueves, 8 de abril de 2010

miércoles, 10 de marzo de 2010